Tema 1 Conceptos básicos

A química é a ciencia que estuda tanto a composición, estrutura e as propiedades da materia, coma as transformacións que ocorren nesta. Neste primeiro tema repasaranse algúns conceptos básicos de química, como son as normas de seguridade e o material máis habitual de laboratorio, presentaranse as claves para realizar cálculos estequiométricos e tamén veremos algunhas das técnicas básicas de separación de substancias no laboratorio. Un resumo dos conceptos teóricos do tema pódese consultar pinchando no enlace: RESUMO CONCEPTOS BÁSICOS

Acceso ao vídeo de material de laboratorio
Acceso ao vídeo de normas de seguridade
Acceso ao vídeo de determinación grao alcólico dun viño
Acceso ao vídeo de obtención de esencia de lavanda
Acceso ao vídeo de Cálculos estequiométricos
Acceso ao cuestionario do tema 1

 

Tema 2 Disolucións e as súas propiedades

Son poucas as substancias que aparecen ou se manexan coma puras, senón que se atopan mesturadas. Cando os distintos compoñentes están entremesturados de xeito uniforme a nivel molecular teremos mesturas homoxéneas. Unha disolución é unha mestura homoxénea de dúas ou máis substancias, das cales, a que aparece en maior cantidade chamarémola disolvente e á outra (ou outras) soluto. Neste tema analizaremos os factores que inflúen na solubilidade, as formas de expresar a concentración das disolucións e as propiedades destes sistemas. Un resumo dos conceptos teóricos do tema pódese consultar pinchando no enlace: RESUMO DISOLUCIÓNS

Acceso ao vídeo de Preparación dun fertilizante
Acceso ao vídeo de Preparación dun funxicida
Acceso ao vídeo de Preparación dun biocarburante
Acceso ao Cuestionario do tema 2

 

Tema 3 Sistemas coloidais

As disolucións son mesturas homoxéneas que estudamos no tema anterior, coas súas propiedades; outro tipo de mesturas son as heteroxéneas, como por exemplo auga e area, que podemos separar mediante filtración, pero hai un terceiro tipo de sistemas, intermedios entre estes dous modelos de mesturas. Son os coloides, que non son mesturas homoxéneas pero tampouco podemos separar por filtración, e que xogan un papel moi importante tanto na nosa vida como na industria. Un resumo do tema de coloides pódese consultar pinchando no enlace: RESUMO COLOIDES

Acceso ao vídeo de coloides
Acceso ao vídeo de separaración dos compoñentes do leite
Acceso ao cuestionario do tema 3

 

Tema 4 Equilibrio químico

En química aprendemos que no proceso de reacción química, os reactivos transfórmanse en produtos. Algunhas veces o sentido da reacción é unicamente ese, de reactivos a produtos e temos procesos que chamamos irreversíbeis. Pero a maioría dos procesos son, en realidade, reversíbeis, e pode darse transformación química nun sentido ou noutro. Porén, cando se igualan as velocidades de reacción nos dous sentidos mantéñense as concentracións de reactivos e produtos. Chegamos ao equilibrio químico. Un resumo do tema de equilibrio químico pódese consultar pinchando no enlace: RESUMO EQUILIBRIO QUÍMICO

Acceso ao vídeo de Cara onde vai o equilibrio?
Acceso ao vídeo de preparación de carbonato cálcico
Acceso ao cuestionario do tema 4

 

Tema 5 Reaccións ácido-base

Xa dende a antigüidade se coñecen os ácidos e as bases (ou alkalis, que se chamaban daquela). Chamábanse ácidos a unha serie de substancias que tiñan sabor agrio, como o zume de limón, e que podían incluso disolver metais; pola contra, as bases, de sabor amargo, provocaban unha sensación esvarosa ao tacto (por exemplo, o xabón). Hoxe definimos aos ácidos a aquelas substancias capaces de liberar protóns mentres que as bases poden captalos. Algúns dos procesos máis importantes dos sistemas químicos e biolóxicos son reaccións ácido base. Un resumo do tema de ácido base pódese consultar pinchando no enlace: RESUMO ÁCIDO BASE

Acceso ao vídeo de determinación da acidez dun vinagre
Acceso ao vídeo de preparación dun indicador natural
Acceso ao vídeo de determinación de carbonato cálcico
Acceso ao cuestionario do tema 5

 

Tema 6 Reaccións de oxidación-redución

A área da química que estudia a conversión entre a enerxía eléctrica e a enerxía química é a electroquímica. Os procesos electroquímicos son reaccións redox onde a enerxía liberada por unha reacción espontánea transfórmase en electricidade, ou a electricidade utilízase para inducir unha reacción química na electrolise. Nas reaccións redox transfírense electróns dunha substancia a outra. Un resumo do tema de reaccións redox pódese consultar pinchando no enlace: RESUMO REDOX

Acceso ao vídeo de axuste de reaccións redox
Acceso ao vídeo de cela de combustible
Acceso ao cuestionario do tema 6

 

2015 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos